Os servizos da Escola Infantil Paparolo en Santiago

Os servizos da Escola Infantil Paparolo en Santiago

Descobra máis! 981 566 305
Paixón pola ensinanza

Paixón pola ensinanza

Na nosa escola en Santiago seguimos a metodoloxía Agazziana, centrada no xogo que respecta os ritmos de cadaquén, e fomenta o desenvolvemento da educación sensorial a través da observación e da escoita activa.

Dámoslle moita importancia ás diferentes linguaxes, verbais e non verbais. Deste xeito, utilizamos símbolos intelixibles, que permitan aos pequenos e pequenas ordenar a súa actividade, xoguetes e materiais. Tamén contamos con actividades pedagóxicas de aproximación a outros idiomas.

Coñece a Escola Infantil Paparolo

Horario

Horario

O horario de funcionamento habitual é de 7:45 a 20:00, aínda que a escola infantil abrirá un mínimo de 8 horas diarias en xornada partida ou continuada, 5 días á semana de luns a venres e 12 meses ao ano, salvo causa xustificada. Non obstante, a escola poderá determinar os seus calendarios e horarios en función da demanda existente e da necesaria conciliación.

Servizo de comedor

Servizo de comedor

A escola conta con servizo de cociña. As familias deberán traer o almorzo, comida ou merenda preparada da casa, e esta será quentada e administrada aos nenos e ás nenas polo persoal do centro. As familias que queiran esta prestación deberán solicitala canto antes, e seguir as recomendacións da Consellería de Sanidade, que serán explicadas polo noso persoal.

Período de adaptación

Período de adaptación

A escola planificará o período de adaptación, que non debería ser superior a 15 días agás inadaptacións que requiran dun tempo superior que será xustificado á familia pola dirección da escola. A escola conta cun protocolo de adaptación do alumnado que lle será facilitado ás familias.

Outras actividades

Outras actividades

Participamos en actividades que organiza o concello de Santiago de Compostela: sesións de contacontos coa colaboración da editorial Kalandraka e visitas guiadas aos parques e xardíns da cidade. Unha vez ao ano, contamos coa presenza dun prestixioso músico frautista que leva a cabo audicións de carácter pedagóxico.

Informes pedagóxicos

Informes pedagóxicos

O centro convoca a todas as familias para comentar o informe pedagóxico dos nenos e nenas. Nestas reunións trátanse todos os aspectos relacionados co seu desenvolvemento: adaptación, relación cos demais, dinámica, consecución dos obxectivos...

Dentro da proposta educativa

Dentro da proposta educativa

A nosa escola infantil en Santiago adoita desenvolver actividades pedagóxicas de aproximación a outros idiomas dende outubro a xuño, nas súas propias instalacións. Nos meses de abril e maio lévase a cabo, como vén sendo habitual, o curso de natación nas instalacións do Centro Awasan.

A nosa proposta

Na nosa escola infantil en Santiago o que buscamos é desenvolver unha proposta de traballo única e diferenciada, baseada na formación e nas ganas de ofrecer o mellor ao noso alumnado. Esta proposta consiste na constante interacción familia-escola; e no contacto directo co contorno exterior como escenario continuo para a formación integral das nenas e dos nenos.

A nosa proposta

Diferentes actividades

Curso de natación

Temos un cursiño de natación que desenvolvemos co Centro Acuático Awasan durante o mes de maio.

Actividades de aproximación linguística

Desenvolvemos actividades pedagóxicas deseñadas para que os nenos e nenas entren en contacto con linguas estranxeiras de forma natural e lúdica.

Servizo de cociña

Ofertamos tamén un servizo de cociña no que as familias traen o pequeno almorzo, comida ou merenda, segundo proceda, dos seus fillos e fillas.

Actividades fóra da escola

Realizamos rutas e paseos pola contorna próxima e visitas aos establecementos do barrio, así como participamos nos eventos que organiza o concello.

Ten dúbidas sobre a nosa escola infantil en Santiago? As resolvemos!

Como funciona o servizo de cociña?

As familias usuarias levan os alimentos cociñados para que sexan administrados e consumidos na escola, durante o almorzo, xantar e/ou merenda, tendo en conta as medidas hixiénicas establecidas, que serán postas a disposición de quen precise facer uso deste servizo.

En que momentos do día está dispoñible o servizo de cociña?

O servizo de cociña está dispoñible no almorzo, comida e merenda.

Canto dura o período de adaptación? permite acompañamento?

Dura 15 días desde o inicio da/o nena/o na escola e é conveniente que a primeira semana estea presente unha persoa de referencia no centro.

Desde que idade ata que idade admiten nenos?

Desde aproximadamente 5-6 meses ata os 3 anos, cando pasan ao colexio.

Realizan informes pedagóxicos? que inclúen?

Si, realízanse 2 xuntantas no curso coas familias interesadas en recibir e coñecer o informe. Se ben existen uns períodos establecidos, as familias que o precisen poden solicitar ao longo do curso, unha xuntanza coa escola para tratar aquelas cuestións que sexan do seu interés. Nestes informes trátanse aspectos relacionados co desenvolvemento do alumnado nas tres áreas de coñecemento establecidas no Currículo de Educación Infantil en Galicia.

Ofrecen cursos de natación?

Si, organízanse co Centro Acuático Awasan durante o mes de maio, se se alcanza un número mínimo de participantes que esixe o centro.

Que é a metodoloxía Agazziana e en que diferénciase de Montessori?

É contemporánea de Montessori e comparte ideas pedagóxicas nucleares, pero diferénciase nos materiais: Montessori utiliza materiais específicos por área, mentres que Agazziana adapta materiais da vida cotiá para as actividades.

Queres saber máis sobre nós?

Queres saber máis sobre nós?

Na Escola Infantil Paparolo en Santiago buscamos ofrecer a todos os nosos alumnos un estilo de ensinanza que os faga parte activa da súa propia evolución. Contacta connosco para máis información!

Chámanos!