Un espazo no que aprender e xogar en Santiago

Un espazo no que aprender e xogar en Santiago

Visita a nosa escola981 566 305

As nosas instalacións

No interior da nosa escola contamos cun espazo diáfano dividido por medios tabiques de madeira en tres estancias claramente diferenciadas: biblioteca, zona de cambios e descanso e zona de usos múltiples.

O centro é totalmente accesible, contando cun aceso exterior con rampla adaptada, así como tamén dun cuarto de baño adaptado para os nenos e nenas, e dunha pequena cociña. Na parte traseira temos un patio exterior ao aire libre, cun pequeno horto. Na beirarrúa dispoñemos de 2 prazas de coches para a deixada e recollida das/os pequenas/os cun tempo máximo de 10 minutos para os nosos usuarios.

As nosas instalacións
Espazos na nosa escola infantil en Santiago

Espazos na nosa escola infantil en Santiago

Na nosa escola infantil contamos con espazos pensados para o desenvolvemento integral dos nenos e nenas, onde a aprendizaxe, o xogo e a convivencia son os protagonistas. Entre os nosos espazos destacan:

  • Pequena biblioteca.
  • Zona de usos múltiples.
  • Zona de cambio e dormitorio.
  • Zona de xogo simbólico.
  • Zona de psicomotricidade.
  • Cociña.
  • Baños.
  • Patio exterior.
  • Espazo destinado ás reunións coas familias.

Os arredores do noso centro

A escola conta cun aceso exterior con rampla adaptada; na beirarrúa dispoñemos de 2 prazas de coches para deixar e recoller as/os pequenas/os. Na parte traseira dispoñemos dun patio exterior ao aire libre, cun pequeno horto.

Está situada nunha zona privilexiada a escasos minutos a pé da catedral de Santiago de Compostela e rodeada de amplas zonas verdes como son a Alameda, o Campus Sur Universitario e os xardíns municipais da rúa Galeras. Dispoñemos, ademais, dunha zona de aparcadoiro reservada para os nosas/os usuarias/os cunha estancia máxima de 10 minutos, para que pais e nais teñan comodidade para recoller ás/ aos máis pequenas/os da casa.

Os arredores do noso centro

Respondemos ás súas preguntas sobre as instalacións

Como se utiliza a zona de biblioteca?

Úsase como espazo para o desenvolvemento de actividades enmarcadas no Proxecto Educativo da escola e tamén para o uso autónomo, por parte do alumnado, dos libros e contos en tempos determinados.

Como xestionan os períodos de descanso?

Adáptanse ás necesidades de cada nena/o. O espazo destinado a este uso dispón do mobiliario e material necesario para asegurar un descanso óptimo.

Pode o meu fillo traer a súa propia manta?

Si. O máis importante é que cada nena/o se sinta seguro e a gusto no momento do seu descanso.

Que materiais inclúe a zona de xogo simbólico?

Trátase dun espazo de acceso libre que favorece o xogo simbólico, dotado de materiais e xoguetes da vida cotiá. Conta con elementos que promoven a imitación de roles, a expresión emocional e o desenvolvemento da imaxinación.

Como traballan a psicomotricidade?

Realízanse actividades axeitadas a cada etapa, para o desenvolvemento integral da/o nena/o co obxectivo de traballar o equilibrio e os distintos tipos de desprazamentos. As colchonetas, os conos, e as picas de plástico son parte do material esencial utilizado na creación de diferentes circuitos de psicomotricidade.

A filosofía da nosa escola en Santiago

A nosa filosofía fundaméntase en coidar aos nenos e nenas é coidar ás familias; axudar ao desenvolvemento da/dos pequenas/os é axudar ao das familias. Tentamos ofrecer a nosa experiencia na formación e educación infantil a través de actividades variadas e interesantes que desperten a curiosidade dos alumnos e alumnas, cultivando sementes en valores sociais, no coidado á natureza e no respecto ao medio ambiente, tendo tamén como principio fundamental o respeto á diversidade e ás diferentes formas de pensar.

Globo Globo

Coñece más sobre as nosas instalacións

Pide información aos nosos educadores

Pide información aos nosos educadores

A nosa prioridade é estar preto das familias, buscando sempre a mellor experiencia de aprendizaxe para os alumnos e alumnas que acuden á Escola Infantil Paparolo. Chámanos para consultar calquera dúbida sobre cómo traballamos.

Chamar agora