Escola Infantil Paparolo

Máis preto das familias, máis preto de ti

Globo Globo

Todo o que precisas saber sobre a nosa escola

Metodoloxía Agazziana

Tomando como base a espontaneidade do neno, o xogo libre e o ambiente amoroso e respectuoso, procuramos que os máis pequenos se desenvolvan e potencien as súas habilidades.

Diferentes actividades

Levamos a cabo rutas, visitas a diferentes espazos do casco vello compostelá, cursos de natación, actividades pedagóxicas de aproximación á lingua inglesa... Traballamos para ofrecer aos alumnos as mellores experiencias.

Instalacións completas

Contamos con espazos dedicados á cociña, bibliotecas, espazos para o cambio e descanso... Todo o necesario para atender calquera necesidade dos nenos que acoden á nosa escola infantil.

A escola infantil para os máis pequenos en Santiago

A escola infantil para os máis pequenos en Santiago

Na Escola Infantil Paparolo en Santiago de Compostela adicámonos ao eido da educación infantil no seu 1º ciclo, de 0 a 3 anos, dende o ano 1996. Decidimos impulsarnos por este sector por motivos vocacionais que xorden da nosa etapa de formación universitaria e de pensar, como sinala Francesco Tonucci, que: “Nos primeiros anos póñense os alicerces de todo o que se vai construír, facer e aprender ao longo da vida e os cimentos pódense poñer só nesta etapa”.

Contamos cunha ampla experiencia como mestres e técnicos en educación infantil noutras escolas, desenvolvendo diferentes funcións. Dito recorrido, e o noso interese pola formación continua, fixeron que novas inquedanzas persoais e profesionais tomaran forma e contido no que hoxe é a Escola Infantil Paparolo.

Educación en base á Metodoloxía Agazziana

Somos un pequeno equipo, nunha pequena escola, dun pequeno barrio de Compostela. Tentamos estar ao día no ámbito pedagóxico e metodolóxico, adaptándoo ás nosas necesidades e á nosa realidade máis inmediata. Vimos desenvolvendo o noso proxecto educativo dende hai máis de 20 anos e o noso espírito baséase nunha relación estreita coas familias, na confianza recíproca e na colaboración activa na educación dos/das seus/súas fillos/as.

Temos formación e experiencia psicopedagóxica que nos axuda á resolver as inquedanzas e dúbidas que nais e pais poidan ter no seu día a día no desenvolvemento das súas crianzas.

Educación en base á Metodoloxía Agazziana

Escola adscrita á axuda da Consellería de política Social para o fomento da gratuidade da atención educativa para todas e todos as nenas e nenos en escolas infantís 0-3.

Quen somos?

Quen somos?

A Escola Infantil Paparolo de Santiago de Compostela é un centro privado de educación infantil. Somos unha sociedade civil constituída por un grupo de profesionais do ámbito educativo que no curso 2009 a 2010 comezaron unha nova andaina que continúa a iniciada anteriormente por un membro do noso grupo.

Quen ven?

Quen ven?

O centro desenvolve o seu labor con nenos/as de 0 a 3 anos e os seus traballadores son mestres especialistas, mestres-psicopedagogos e diplomados en puericultura. Ofrecendo un proxecto educativo ben desenvolto e unha ampla variedade de servizos.

Onde estamos?

Onde estamos?

Atopámonos na rúa Campo do Cruceiro do Gaio, a escasos minutos a pé da catedral de Santiago de Compostela, rodeado de amplas zonas verdes (Alameda, Campus Sur e Cálea Galeras). Dispoñemos de comodidades de acceso e dunha zona de aparcadoiro, cunha estancia máxima de 10 minutos, para recoller aos máis pequenos.

Que pensamos?

Que pensamos?

Familia e escola deben camiñar xuntas co obxectivo común de proporcionar ás/aos pequenas/os un desenvolvemento integral: cognitivo, físico, social, afectivo e moral. A escola debe promover o respecto á diversidade, a igualdade, a coeducación, a solidariedade e o coidado do medio ambiente.

A qué horas?

A que horas?

O horario de funcionamento habitual é de 7:45 a 20:00, aínda que a escola infantil abrirá un mínimo de 8 horas diarias en xornada partida ou continuada, cinco días á semana de luns a venres e doce meses ao ano, salvo causa xustificada. Non obstante, respectando estes criterios mínimos, a escola poderá determinar os seus calendarios e horarios de apertura e peche ao público en función da demanda existente e da necesaria conciliación da vida persoal, familiar e laboral dos/as seus/súas solicitantes. As causas dos peches, estarán acreditadas.

Escola Infantil Paparolo

Máis preto das familias, máis preto de ti

Globo Globo
Escola Infantil Paparolo en Santiago

Orde da Gratuidade para o curso 2025-26: esta escola ten concedida a subvención para a gratuidade da Atención Educativa e da Matrícula de tod@s @s nen@s nas escolas infantís da Comunidade Autónoma de Galicia.

CURSO ESCOLAR 2025-26
Infórmate na nosa escola: 981 56 63 05 - 604 085 884
alejandro@escolainfantilpaparolo.es
Educación en base á Metodoloxía Agazziana

Prazos a ter en conta

  • a) Presentación de solicitudes curso 2026 – 27 (tanto para renovación como novos ingresos): do 02 ao 23 de febreiro de 2026.

  • b) A escola publicará no taboleiro de anuncios a listaxe provisional de admitidos/as: 03 de marzo de 2026.

  • c) A escola publicará no taboleiro de anuncios a listaxe definitiva de admitidos/as: 10 de marzo de 2026.

  • d) Prazo de formalización de matrícula (achega de documentación e pago da cota de reserva de praza): do 10 ao 17 de marzo de 2026.

  • Estes prazos son comúns para todas as escolas infantís privadas acollidas á subvención da gratuidade.

¡IMPORTANTE! Non se terán en conta as solicitudes ou reservas presentadas con anterioridade á apertura do prazo de admisión. Todas as solicitudes (renovacións e novos ingresos) deberán presentarse enviando por mail, nos prazos indicados, a folla de solicitude correspondente cumprimentada e asinada para que quede constancia da data e hora da súa presentación.

Criterios de admisión preferente

  • Solicitudes de nenas/os xa escolarizadas/os na escola o curso anterior.

  • Solicitudes de filla/o/s de persoal da escola.

  • Solicitudes para nena/o/s con irmáns/as con praza renovada no mesmo centro ou centro asociado.

  • Solicitudes para nena/o/s nos que as 2 persoas proxenitoras ou un/ha no caso de familias monoparentais xustifiquen unha situación laboral de ocupación.

  • Solicitudes para nena/o/s nados de parto múltiple.

  • Solicitudes para nena/o/s de familias numerosas/monoparentais.

  • Solicitudes para nena/o/s de familias con domicilio ou centro de traballo próximo á escola infantil.

  • Solicitudes para nena/o/s de irmáns/as de exalumnado do mesmo centro ou centro asociado.

  • Solicitudes para nena/o/s con asistencia de xornada completa sobre media xornada.

Contacta connosco

Non dubides en contactar connosco se queres saber máis sobre a nosa escola infantil en Santiago de Compostela ou sobre algún dos nosos servizos.

Contactar