Os servizos da Escola Infantil Paparolo en Santiago

981 566 305

Actividades

Diferentes actividades

Temos como actividade complementaria un cursiño de natación que desenvolvemos co Centro Acuático Awasan durante varios meses do curso. Ademais, cada ano realizamos unha exposición dos traballos plásticos do alumnado, con fins benéficos.

Entendemos que os centros de Educación Infantil deben de compartir coas familias o papel de proporcionar aos/ás nenos/as experiencias básicas que contribúan ao seu desenvolvemento e primeiras aprendizaxes; así, a nosa tarefa será completar e ampliar ditas experiencias. Por outra banda, fomentamos a participación das familias no centro a través de xuntanzas, encontros, celebracións...

Ofertamos servizo de cociña: as familias traen a comida dos seus/súas fillos/as e nos dámoslla na escola.

Realizamos moitas actividades fóra da escola: rutas e paseos pola contorna próxima e visitas aos establecementos do barrio. Participamos nas actividades que organiza o Concello: visitas guiadas, que organizan para a escola dende o Departamento de Parques e Xardíns, e Campaña de Animación á Lectura. E, no patio exterior da escola, cultivamos algúns froitos e verduras de temporada, sendo as/os nenas/os quen se encargan do coidado. Tamén desfrutamos xogando coa area, nos bambáns...

A través do centro de interese denominado Recunchos de Compostela: visitamos as prazas e rúas da zona vella, salas de exposicións e teatros.

Proposta

A nosa proposta

O que buscamos é desenvolver unha proposta de traballo única e diferenciada, baseada na formación e nas ganas de ofrecer o mellor ao noso alumnado.

Unha proposta que se basea na constante interacción familia-escola; e no contacto directo co contorno exterior como escenario continuo para a formación integral das nenas e dos nenos.

Neste momento, a nosa actividade educativa desenvólvese por proxectos, tendo en conta a metodoloxía agazziana. Tamén desenvolvemos actividades a través de secuencias didácticas puntuais e centros de interese.

Escola Infantil Paparolo Mais preto das familias, mais preto de ti.

Globo Globo
Horario

Horario

O horario de funcionamento é de 07:45 a 20:00 horas todo o ano excepto o mes de agosto, que permanece pechado, do mesmo xeito que nos festivos e aqueles días marcados polo centro. Ademais, a escola dispoñerá de días de horario especial o cal se comunicará ás familias antes do inicio do curso en setembro, de 07:45 a 14:30 horas.

Comedor

Servizo de comedor

A escola conta con servizo de comedor, é dicir, os nenos/as traen a comida preparada da casa e quéntaselle e daselle na escola polo persoal. As prazas son limitadas polo que os nenos e nenas que fagan uso deste servizo é conveniente que o notifiquen canto antes e que teñan en conta unha serie de recomendacións das que o persoal da escola dará conta puntualmente (seguindo as indicacións do servizo de Inspección da Consellería de Sanidade). Contacte coa nosa escola para pedir este servizo.

Actividades

Actividades complementarias

Ademais das actividades pedagóxicas levadas a cabo na escola, participamos en todas aquelas actividades organizadas polo Concello de Santiago de Compostela: audicións, contacontos... Máis concretamente, nas sesións de contacontos organizadas na Galería Sargadelos coa colaboración da editorial Kalandraka dentro da campaña de iniciación á lectura que cada ano organiza o noso concello e nas visitas guiadas aos parques e xardíns de Santiago cun percorrido guiado pola Alameda. Pola nosa conta, e como mínimo unha vez ao ano, contamos coa presenza dun prestixioso músico flautista que dentro do taller de música e danza leva a cabo audicións de marcado carácter pedagóxico e que son un éxito entre os nosos/as nenos e nenas.

Informes

Informes pedagóxicos

De forma habitual dúas veces ao longo do curso o centro convoca a todas as familias que así o desexen para comentar o informe pedagóxico dos/as nenos/as. Nestas reunións trátanse todos os aspectos relacionados co seu desenvolvemento: adaptación, relación cos demais nenos/as e cos/as mestres/as, dinámica nos talleres e cursos, consecución dos obxectivos pedagóxicos... así como aquelas cuestións das que as familias nos fan partícipes. Ademais destas reunións, pódese concertar unha titoría cando así o desexen.

Cursos

Cursos

Unha vez superado completamente o período de adaptación o centro desenvolve nas súas instalacións ao longo do segundo trimestre un taller de lingua inglesa coa colaboración do persoal de Speak English Academy. Xa no último trimestre do curso académico leva a cabo, como vén sendo habitual, o curso de natación nas instalacións do centro de actividades acuáticas Awasan, en Silvouta. Para iso, contamos coa empresa Rías Baixas autocares para o servizo de transporte.

Contacta connosco

Non dudes en contactar connosco se queres saber máis sobre a nosa escola infantil en Santiago de Compostela ou sobre algún dos nosos servizos.