Un espazo no que aprender e xogar en Santiago

981 566 305

O Centro

Os arredores do noso centro

A escola conta cun aceso exterior con rampla adaptada; na beirarúa dispoñemos de 2 prazas de coches para deixar e recoller as/os pequenas/os. Na parte traseira dispoñemos dun patio exterior ao aire libre, cun pequeno horto.

Está situado nunha zona privilexiada a escasos minutos a pé da catedral de Santiago de Compostela e rodeada de amplas zonas verdes como son a Alameda, o Campus Sur Universitario e os xardíns municipais de Cálea Galeras. Dispoñemos, ademais, dunha zona de aparcadoiro reservada para os nosos/as usuarios/as cunha estancia máxima de 10 minutos, para que pais e nais teñan comodidade para recoller aos máis pequenos da casa.

Instalacións Paparolo Instalacións Paparolo Instalacións Paparolo Instalacións Paparolo Instalacións Paparolo Instalacións Paparolo

Filosofía

A nosa filosofía

A nosa filosofía fundaméntase en coidar aos nen@s é coidar ás familias; axudar ao desenvolvemento d@s nen@s é axudar ao desenvolvemento das familias; tentar ofrecer a nosa experiencia na formación/educación infantil a través de experiencias ricas, variadas e interesantes que desperten a curiosidade d@s nen@s; cultivando sementes en valores sociais, no coidado á natureza e no respecto ao medio ambiente e tendo como principio fundamental o respeto á diversidade e ás diferentes formas de pensar.

Escola Infantil Paparolo Mais preto das familias, mais preto de ti.

Globo Globo
Horario

Horarios

O horario de funcionamento é de 07:45 a 20:00 horas todo o ano excepto o mes de agosto, que permanece pechado, do mesmo xeito que nos festivos e aqueles días marcados polo centro. Ademais, a escola dispoñerá de días de horario especial, o cal se comunicará ás familias antes do inicio do curso en setembro, de 07:45 a 14:30 horas.

Bebé con reloj